O Waterpolo Galaico gaña ao CN Coruña e métese na final
Por Redacción
O Club Waterpolo Galaico Pontevedra clasificouse para a final da Liga Galega despois de vencer ao CN Coruña no segundo partido do play-off (8-5) disputado no Centro Galego de Tecnificación Deportiva.
Os pontevedreses, que se impuxeron por penaltis no primeiro encontro da eliminatoria, tiveron que sobrepoñerse esta vez a un mal inicio e remontar un 2-4 no marcador, pero grazas principalmente ao bo traballo defensivo conseguiron voltear o choque (8-4) e meterse un ano máis na fiinal de liga. O Natación Coruña maquillou lixeiramente o resultado no último minuto.
O Club Waterpolo Santiago espera un ano máis na final ao Galaico, cos composteláns con vantaxe de campo nun enfrontamento ao mellor de tres partidos, primeiro en Pontevedra (20 de abril) para trasladarse despois a Santiago (27 de abril e 4 de maio).