Remontada do Portonovo ante o Valladares (2-1) para alcanzar a segunda praza
Por Redacción
Con moito sufrimento e unha dose de fortuna o Portonovo conseguiu remontar nos últimos minutos ante o Valladares (2-1) para facer xustiza ao xogo dos dous equipos en Baltar.
O conxunto arlequinado tivo que suar moito a vitoria e remar contracorrente durante moitos minutos despois de que os visitantes se adiantasen pouco antes do descanso grazas a Dani.
Os de Ricardo Fernández envorcáronse sobre a meta de Adrián no segundo acto atopando recompensa nos últimos 10 minutos do choque. Primeiro Suso Bea, coa colaboración da defensa do Valladares, lograba a igualada no lanzamento dun córner, e despois Víctor, xa no minuto 87, lograba o gol do triunfo ante o delirio da bancada.
Con estes tres puntos o Portonovo aprovéitase do tropezo do Gondomar en Ribadumia e ascende á segunda praza da clasificación, posto que supoñería o ascenso a final de tempada.
PORTONOVO SD (2): Marcos, Caste (Gándara, min.48), Renda, Bolo, César, Víctor, Suso Vidal, Manu Sieiro (Camiña, min.93), Melchor (Suso Bea, min.70), Nacho, Álex Cubas (Angelillo, min.88).
CD VALLADARES (1): Adrián, Gonzalo, Cristian (Dani, min.23), Víctor, Luis, Suso, Nacho, Calado, Miguel (Tomás, min.90), Bruno (Isma, min.76), ÿscar Pérez.
Árbitro: Martínez Barral (Santiago). Amonestou a Bolo, Caste e Gándara nos locais e a Calado, Nacho, Luis, Miguel, Bruno e ÿscar Pérez nos visitantes. Expulsou con vermella directa ao xogador do Portonovo Angelillo (min.90).
Goles: 0-1 Dani, min.43; 1-1 Suso Bea, min.83; 2-1 Víctor, min.87.
Incidencias: Partido disputado no campo de Baltar, Portonovo.