A vitoria sobre o Montañeros (1-0) deixa ao Pontevedra xuvenil coa permanencia practicamente asegurada
Por Redacción
Un gol de Buba ao comezo da segunda parte deu a vitoria ao Pontevedra xuvenil sobre o Montañeiros e con ela asegurarse practicamente a permanencia na División de Honra de xuvenís, ao avantaxar o seu rival en nove puntos, cando quedan tan só doce en disputa.
Aínda que o partido foi dominado por completo polo conxunto granate, custou superar o ordenado sistema defensivo dos coruñeses, que apenas permitiron xogadas de perigo na súa área no primeiro período. O gol de Buba desatascou o partido e permitiu aos xogadores que adestra José Manuel Lozano xogar con máis comodidade e dispoñer de opcións para sentenciar o partido, que non puideron aproveitar.
PONTEVEDRA, C.F. (1): Adrián, Puyi, Yago, Bruno, Marou, Joni (Jaime, minuto 75), Dani, Tomás (Adrián, minuto 85), Pibe, Quique (Kevin, minuto 60) e Buba.
MONTAÿEROS, C.F. (0): Pablo, David, Said, Rivoira, Isaac, Nacho, Ramos, Ares, Juanma, Naya (Damián, minuto 58) e Santiso.
Árbitro: Díaz Álvarez, auxiliado nas bandas por Gonzalo Caramés e Otero Martínez (Pontevedra). Amoestou a Marou, Tomás, Rivoira e Ares.
Goles: (1-0) Minuto 56: Buba.
Incidencias: Sintético de A Xunqueira. Uns 100 espectadores.