A reconquista de Gómez Noya empeza en Abu Dhabi
Por Redacción
As Series Mundiais de tríatlon levantan este sábado 4 de marzo o pano coa primeira proba da tempada nos Emiratos Árabes, na que supoñerá a volta á máxima competición internacional do pentacampión mundial, Javier Gómez Noya.
O triatleta galego atópase xa en Abu Dhabi tras unha esixente segunda fase da pretempada en Lanzarote, unha fase de preparación que cualifica como moi positiva, recuperando sensacións tras moitos meses afastado da competición por culta da lesión que lle deixou sen Xogos Olímpicos.
"A primeira proba sempre é unha incógnita", recoñeceu Gómez Noya en declaracións á Televisión de Galicia antes de partir cara aos Emiratos Árabes, ansioso por "ver onde estou e onde están os meus rivais".
Non estarán en Abu Dhabi os irmáns Brownlee, pero si o actual campión mundial, o mallorquino Mario Mola, e outros rivais de peso como Fernando Alarza, Henri Schoeman ou Richard Murray, entre outros.
A primeira carreira da tempada das Series Mundiais disputarase baixo distancia olímpica (1.500 metros de natación, 40 quilómetros de ciclismo e 10 quilómetros de carreira a pé) con saída ás 12:55 horas (segundo a hora española) cun percorrido que partirá desde Yas Marina, nas inmediacións do circuíto do Fórmula 1.
Relacionadas:
-
Australia, segunda parada nas Series Mundiais de tríatlon para Javi Gómez Noya
Por Redacción |
-
Regreso soñado de Gómez Noya ás Series Mundiais, con vitoria en Abu Dhabi
Por Diego Espiño |
-
Os 'vampiros', á caza de Javier Gómez Noya
Por Redacción |
-
Exhibición de Gómez Noya no medio Ironman de Dubai: vitoria e clasificación mundialista
Por Redacción |
-
O tríatlon pontevedrés traslada o seu cuartel xeral a Lanzarote
Por Diego Espiño |