Segundo triunfo da tempada para o Arxil (65-51), que dobrega ao Universidad de Oviedo
Por Redacción
Viñan avisando dende hai uns meses. O Arxil tomou o pulso á competición e conseguiu o seu segundo triunfo da tempada ao vencer ao Universidad de Oviedo (65-51) no Centro Galego de Tecnificación Deportiva.
Pena que a reacción das pontevedresas chegue tarde e non poidan evitar xa o descenso de categoría, pero iso non quita mérito á vitoria ante un equipo asturiano que gañou oito encontros na presente tempada para manterse nunha cómoda posición.
O encontro dominárono as verdes dende o segundo cuarto, pero todo se decidiu nos últimos dez minutos grazas a unha anotación moi repartida entre todas as xogadoras verdes, aínda que destacaron os 15 puntos de Olga Fedorova. Ao Arxil réstanlle só dous partidos para concluír a tempada regular.
CB ARXIL (65): Sandra Entenza (8), Ana Martín (4), Carla Fernández (2), Zara Huntley (8), Olga Fedorova (15), Marina Ramírez (6), Andrea Carrera (9), Jara Tuda (5), Díaz-Pache (4), Natalia Soage (4).
UNIVERSIDAD DE OVIEDO (51): Miriam Díaz (7), Orselli (9), Lara Castro (6), Matemalas (4), Ana Díez (9), Sara (3), Lara González, Bergel (5), Carolina (6), Malanda (2), Sheila.
Árbitros: Martín e González.
Incidencias: Partido disputado no Centro Galego de Tecnificación Deportiva de Pontevedra.