Xornada sen goles para Portonovo, Unión Grove e Xuventú Sanxenxo
Por Redacción
Partido intenso, igualado, con opcións ao final para o locais pero que terminou como empezou, 0-0, o disputado por Portonovo e Unión Grove no campo de Baltar.
Pese ao esforzo de ambos os conxuntos o marcador non se moveu en todo o encontro, desaproveitando unha boa ocasión o equipo local de levar tres importantes puntos no tramo final, cando xogou con superioridade numérica pola expulsión de Rubén Carreira no minuto 81.
Ao final empate sen goles que non soluciona as urxencias do Portonovo, décimo sexto con 26 puntos, mentres o Unión Grove queda na novena praza con 37.
Consulta aquí o acta do Portonovo-Unión Grove.
Tampouco pasou do empate sen goles o Xuventú Sanxenxo (0-0), aínda que no seu caso a igualada deixou bo sabor de boca aos amarelos.
Fíxoo porque se produciu no campo do intratable líder da categoría, o Cultural Areas, resistindo case toda a segunda metade cun futbolista menos sobre o terreo de xogo pola expulsión de Luciano no minuto 51 por dobre amoestación.
Os amarelos aguantaron con oficio o empate que lles coloca na décima posición de Preferente con 37 puntos.