Marcón e Campo Lameiro asinan táboas e o Pontevedra B cae ante o San Miguel
Por Redacción
O partido da xornada na Primeira Rexional disputábano Marcón Atlético e Campo Lameiro no Carrasco, en plena loita polos postos de ascenso.
O partido, xogado de poder a poder, terminou en empate (1-1), polo que os pontevedreses manteñen a segunda praza a un punto do líder, Beluso, que tamén empatou, aínda que agora cun punto tamén de vantaxe sobre o terceiro, que pasa a ser o Amanecer adiantando ao propio Campo Lameiro.
No Carrasco adiantáronse os visitantes no minuto 40 cun gol de Galdames, pero Iván puxo a igualada ao fío do descanso.
Na segunda metade o choque puido desnivelarse cara a calquera dos dous equipos, pero o marcador xa non se movería.
Consulta aquí o acta do Marcón Atlético-Campo Lameiro.
Non puido prolongar unha semana máis o seu bo momento o Pontevedra B, superado polo seu rival no campo do San Miguel (2-1).
Despois dunha primeira metade de igualdade, Lezcano puxo en vantaxe ao filial granate ao comezo do segundo acto, pero os locais termianron remontado en 10 minutos, do 71 ao 81, con tantos de Jose Rodríguez e Borja.
Con esta derrota o Pontevedra B cae á décimo terceira praza da táboa con 27 puntos.
Relacionadas:
-
Igualdade máxima na cabeza trala derrota do Marcón e problemas para o Pontevedra B
Por Redacción |
-
O Marcón gaña en Cuntis e ponse líder e o Pontevedra B volve complicarse ao caer co Domaio
Por Ramiro Espiño |
-
Triunfo do Marcón para seguir ao axexo do líder e do Pontevedra B para afastarse do descenso
Por Redacción |