Arxil e Cortegada disputan un derbi intenso que reengancha ás verdes (55-52)
Por Redacción
Arxil e Cortegada están a afacer aos seus seguidores a partidos intensos e incertos ata o final. Nesta ocasión a vitoria foi para o equipo que máis a necesitaba, tras un choque cheo de alternativas, con superioridade pontevedresa no primeiro tempo, neutralizada polas vilagarciás nun excelente terceiro parcial, para inclinar a balanza moi ao final as de Mayte Méndez, que con este triunfo recuperan opcións de play-off.
As verdes realizaron unha moi boa primeira parte, atopando con relativa facilidade o camiño ao aro contrario, o que lles permitiu anotarse os dous primeiros cuartos (18-14 e 21-14) para irse ao descanso con once puntos de vantaxe (39-28).
O partido parecía encarrilado para o Arxil, pero Cortegada regresou á pista cunha gran intensidade defensiva e as locais volveron padecer a súa habitual falta de puntería no tiro exterior (1 de 13 en triplos). As consecuencias foron un apagamento ofensivo case total, co conxunto visitante desatado, que conseguiu neutralizar a vantaxe pontevedresa cun contundente parcial de 6-17, para entrar no últimos dez minutos de partido co marcador igualado (45-45).
Estaba claro que gañaría quen menos erros cometese e ese foi o Arxil, que non mellorou en ataque, pero si o fixo e moito en defensa, sempre da man dunha extraodinaria Minata Keita. A pivote de Mali asino nada menos que 17 puntos, capturou 18 rebotes e colocou dous tapóns, para sumar un sensacional 32 de valoración. Foi suficiente para un curto parcial de 10-7 que valeu unha vitoria crave (55-52) na loita por meterse de novo na pelexa polo ascenso.
Consulta aquí as estatísticas do Arxil-Cortegada.
Relacionadas:
-
Xornada importante e dura proba para o Arxil, que recibe ao líder da liga
Por Redacción |
-
Derrota do Arxil na cancha do Ibaizabal vítima dun mal segundo cuarto (69-66)
Por Redacción |
-
O filial do Arxil xogará polo ascenso de categoría
Por Redacción |
-
Catro equipos para unha praza de play-off na Liga Feminina 2
Por Redacción |
-
O Celta acaba coa xeira triunfal do Arxil (76-57)
Por Redacción |
-
O Arxil supera o pechacancelas Ponce Valladolid (62-58) para situarse en zona de play-off
Por Redacción & Diego Torrado |