Carlos García, ausencia nun Teucro que busca continuar a xeira positiva ante o Zarautz
Por Diego Espiño
Ampliar a 19 as xornadas que acumula sen perder en liga (leva agora 17 triunfos e un empate de maneira consecutiva), é o obxectivo dun Teucro que recibe este sábado (20:30 horas) no Pavillón Municipal dos Deportes ao Amenabar Zarautz.
Os azuis non queren levar unha sorpresa ante un rival que pelexa na zona baixa da clasificación pero que é "tremendamente luchador", asegura Quique Domínguez.
"Cuando se acerca del final de liga los equipos buscan puntos en cualquier cancha, incluso la del líder", avisa o preparador pontevedrés, que quere manter a concentración para realizar un bo partido e aguantar o colchón de puntos que adquiriron á fronte da clasificación da División de Honra Prata.
A mala noticia para o Teucro será a ausencia do seu capitán, Carlos García, que regresou de Nava de la Asunción con problemas musculares nos isquiotibiais. Finalmente, cunha rotura de fibras, o extremo azul causará baixa para o choque deixando o seu lugar na convocatoria para o xogador do filial Aarón.
O club espera que a campaña solidaria de recollida de alimentos pola que agasallarán con entradas de balde aos socios permita gozar dun bo ambiente no Pavillón Municipal dos Deportes en pleno sábado de entroido.
Os colexiados do encontro serán Escoda Pérez e Sánchez Bordetas, da delegación territorial catalá.
Relacionadas:
-
Cando o Teucro púxose serio Zarautz desapareceu (28-24), nun partido para esquecer
Por Ramiro Espiño & Diego Torrado |
-
O entroido trae entradas de balde para os socios do Teucro
Por Redacción |
-
Non afrouxa o Teucro, que vence ao Nava (28-29) e é aínda máis líder
Por Redacción |
-
Abonado ao sufrimento, o Teucro segue ao seu vencendo con apuros ao Torrelavega (27-25)
Por Ramiro Espiño & Diego Torrado |