O entroido trae entradas de balde para os socios do Teucro
Por Redacción
A Sociedad Deportiva Teucro quere trasladar o ambiente festivo das rúas da cidade ás bancadas do Pavillón Municipal dos Deportes en pleno sábado de entroido.
Os azuis reciben este sábado 25 (20:30 horas) ao Amenabar Zarautz no Municipal co obxectivo de manterse firme á fronte da clasificación e achegarse un paso máis á Liga Asobal.
Por iso, ante a celebración que se vivirá na cidade, a directiva quixo colaborar ofrecendo entradas de balde para os acompañantes dos socios que participen nunha recollida solidaria de alimentos.
Desta forma todos os abonados que colaboren con polo menos 2 quilos de comida, que serán entregados ao Comedor Social de San Francisco, poderán retirar as entradas que desexen para os seus acompañantes sen ningún custo.
O Teucro buscará ante o Zarautz, décimo cuarto clasificado, prolongar a súa serie de bos resultados tras 18 xornadas sen perder na División de Honra Prata.
Relacionadas:
-
Cando o Teucro púxose serio Zarautz desapareceu (28-24), nun partido para esquecer
Por Ramiro Espiño & Diego Torrado |
-
Carlos García, ausencia nun Teucro que busca continuar a xeira positiva ante o Zarautz
Por Diego Espiño |
-
Non afrouxa o Teucro, que vence ao Nava (28-29) e é aínda máis líder
Por Redacción |
-
Abonado ao sufrimento, o Teucro segue ao seu vencendo con apuros ao Torrelavega (27-25)
Por Ramiro Espiño & Diego Torrado |