O Campionato de España Sprint 2017 de piragüismo, en Verducido
Por Diego Espiño
A principal competición da tempada nacional de piragüismo en pista celebrarase no Complexo Deportivo David Cal Pontillón do Castro de Verducido.
O encoro pontevedrés será escenario do 7 ao 9 de xullo do XLIX Campionato de España de Sprint Olímpico, segundo establece o recentemente publicado calendario da Federación Española de Piragüismo.
Pontillón do Castro recollerá a testemuña da pista asturiana de Trasona, que en 2016 acolleu a competición con 599 deportistas de 76 clubs inscritos nas categorías senior, sub-23 e junior.
A proba por excelencia do piragüismo en pista decidirá os campións nacionais en kaiak e canoa nas distancias de 200, 500 e 1.000 metros.
Non será ademais a única competición que acollerá a pista de piragüismo pontevedresa, á que tamén se lle concedeu a organización da Copa de España Sprint de 200 e 500 metros que terá lugar os días 27 e 28 de maio. Trátase dunha competición que xa tivo lugar en Verducido en 2016, coa presenza de 470 padexeiros 71 clubs de toda a xeografía nacional.
Relacionadas:
-
Bo papel do piragüismo pontevedrés no Guadalquivir
Por Redacción |
-
O piragüismo pontevedrés exhibe o seu bo momento no Campionato Galego de Inverno
Por Redacción |
-
A Federación obriga á EP Cidade de Pontevedra a pagar polos gastos de asistencia de dúas padexeiras ao Mundial
Por Redacción |
-
Breogán e Ciudad de Pontevedra serán protagonistas na Gala Nacional de Piragüismo
Por Redacción |
-
Espectacular xornada de piragüismo no Lérez co II Trofeo Rías Baixas
Por Redacción & Diego Torrado |