Paula Goyanes, bronce nacional en longa distancia
Por Redacción
Dous deportistas desprazou o Club Natación Galaico ao VIII Campionato de España de Longa Distancia en Piscina disputado na localidade catalá de Mataró.
Fíxoo ademais con grandes resultados ao subir ao podio Paula Goyanes na categoría Junior 2, na que colgou a medalla de bronce.
A nadadora pontevedresa completou os 5.000 metros de percorrido nun tempo de 59:03.91, a case dous minutos da vencedora da súa categoría. Pola súa banda Cristian Fernández logrou un meritorio sexto posto na proba senior masculina batendo a súa mellor marca persoal, grazas a un rexistro de 57:48.52.
PROBAS DE BASE EN RÍAS DO SUR
A fin de semana destacou ademais no Galaico pola organización de dúas competicións de base na piscina olímpica do Complexo Deportivo Rías do Sur.
Alí celebráronse a terceira xornada da Liga Promesas e a cuarta da Liga Alevín, coa presenza entre ambas as probas de máis de 200 nadadores de diferentes clubs galegos.
Relacionadas:
-
A canteira do Galaico dá a talla en Cervo
Por Redacción |
-
Unha fin de semana cargada de competicións para o Galaico
Por Redacción |
-
Póvoa de Varzim e Castelló, escenario de bos resultados para o Galaico
Por Redacción |
-
Terceiro posto para o Galaico no Galego Master de Natación disputado en Pontemuiños
Por Redacción & Diego Torrado |