Okutu proclámase subcampión de España en pista cuberta e Lysvanys Pérez colga o bronce
Por Redacción
A piques estivo Jean Marie Okutu de proclamarse unha vez máis campión de España de salto de lonxitude en pista cuberta no Nacional Absoluto celebrado durante a fin de semana en Salamanca.
Evitouno na súa última tentativa o que foi estes anos o seu gran rival, Eusebio Cáceres, cun salto de 7,98 metros que lle valeu ademais o seu pasaporte para o Campionato de Europa de Belgrado.
Okutu lideraba ata entón o concurso cun mellor salto de 7,76 metros, que non lle chega para lograr a clasificación para o Europeo, cunha mínima fixada en 7,90 metros.
BO PAPEL DA GIMNÁSTICA
Satisfeita regresou a Sociedad Gimnástica de Pontevedra do Campionato de España, no que un dos seus atletas subiu ao podio. Foi concretamente Lysvanys Pérez, bronce no salto de altura.
Nun concurso no que os nulos foron determinantes Lysvanys saltou 2,14 metros, do mesmo xeito que o cuarto clasificado e, tras dous nulos en 2,17, altura superada polo atleta clasificado en segunda posición, decidiu reservar o seu último intento para a altura superior, sen resultado.
Foi notable tamén o papel de Alberto Salcedo, quinto na xeral dos 200 metros lisos, mentres Santi Ferrer foi oitavo no héptatlon, posto de finalista, cunha marca de 4.909 puntos.
Ademais Víctor Gallego foi décimo en lanzamento de peso (15,66 metros), mentres Ignacio Sarmiento e Iván Blanco quedaron eliminados nas semmifinales dos 400 e 800 metros lisos respectivamente.
Relacionadas:
-
Andrea González consegue o subcampionato de España de lanzamento de xavelina
Por Redacción |
-
Dobre ración de campionatos galegos para a Gimnástica
Por Redacción |
-
Seis atletas da Gimnástica, a polo Campionato de España en Pista Cuberta
Por Redacción |
-
O equipo de cros curto masculino da Gimnástica, campión autonómico
Por Redacción |
-
Dez medallas, balance da Gimnástica no Campionato Galego baixo teito
Por Redacción |
-
Marín rende honras un ano máis aos seus mellores deportistas
Por Redacción |