O Portonovo métese en problemas, o Unión Grove gaña e o Sanxenxo frea o seu bo momento
Por Redacción
Métese en problemas o Portonovo na clasificación do Grupo Sur de Preferente tras encaixar unha nova derrota, esta vez na cancha do Caselas (3-2).
Os de Borja Burgos caen á décimo sétima praza con 25 puntos despois dun partido no que sempre foron a remolque. Os locais adiantáronse aos 9 minutos, pero o Portonovo reaccionou para empatar antes do descanso cun gol de César.
Xa na segunda metade o Caselas foi superior e decidiu con dous goles no 68 e o 74, deixando sen opción aos arlequinados, que recortaron distancias co tempo xa cumprido.
Consulta aquí o acta do Caselas-Portonovo.
Segue coa súa boa marcha o Unión Grove, que tras o tropezo da pasada semana sumou un triunfo que lle mantén na zona cómoda da táboa, décimo con 36 puntos.
O equipo meco venceu a domicilio ao Estradense con autoridade (1-3) despois de remontar o gol inicial dos locais.
Diego Lorenzo fixo a igualada pouco antes do descanso e despois dunha fase de gran igualdade Diego Blanco e Álvaro decidiron nos minutos finais do partido.
Consulta aquí o acta da Estradense-Unión Grove.
Viu freado o seu bo momento o Xuventú Sanxenxo, sorprendido no seu campo ante o Pontellas (2-3).
Un penalti preto do cuarto de hora de partido serviu para que os visitantes tomasen vantaxe no marcador, pero Cuchi empatou no 25.
Ao comezo da segunda metade o Pontellas golpeou de novo, e fixo o terceiro no 58, recortando unicamente os locais distancias no último minuto co segundo gol de Cuchi.
Coa derrota os amarelos quedan na oitava posición con 36 puntos.