Triunfo do Marcón para seguir ao axexo do líder e do Pontevedra B para afastarse do descenso
Por Redacción
Paso importante do Marcón na súa loita polo ascenso de categoría. Os pontevedreses venceron a domicilio ao San Esteban (0-2) e aumentan a tres puntos a súa distancia sobre o terceiro clasificado da Primeira Rexional.
Os de Luís Oliveira mantéñense ao axexo do liderado, a un punto do Beluso, despois dun partido no que mostraron a súa versión máis sólida.
Gelillo aos 7 minutos achandou o camiño co primeiro tanto, e Manu Sieiro encarrilou o choque antes do descanso co segundo.
Pese ao intento de reacción local, o marcador non se moveu nunha segunda metade na que o Marcón controlou a súa vantaxe para certificar o triunfo.
Consulta aquí o acta do San Esteban-Marcón Atlético.
Tamén gañou o seu partido o Pontevedra B, que empeza a ver a luz ao final do túnel afastándose dos postos de descenso.
O filial granate impúxose fóra de casa ao San Martín nun encontro moi pelexado (0-2) que non se decidiu ata os minutos finais.
Puido caer cara a calquera dos dous bandos o choque, pero os que acertaron foron Jaime no minuto 84 e Richard xa no último minuto para conseguir unha vitoria que lle dá aire na táboa clasificatoria. Agora os de Tonete son duodécimos con 27 puntos.
Relacionadas:
-
O Marcón gaña en Cuntis e ponse líder e o Pontevedra B volve complicarse ao caer co Domaio
Por Ramiro Espiño |
-
Marcón e Campo Lameiro asinan táboas e o Pontevedra B cae ante o San Miguel
Por Redacción |
-
O Marcón ponse a tiro do líder e o Pontevedra B recupera a confianza cunha goleada
Por Redacción |