O Racing de Ferrol na Malata, perigoso rival para un Pontevedra na busca da reacción
Por Diego Espiño
Son cinco partidos sen gañar en liga os que acumula o Pontevedra. Por iso o duelo deste domingo (17:00 horas) na Malata ante o Racing de Ferrol cobra especial importancia para un equipo granate que quere deixar atrás canto antes a súa mala xeira de resultados.
Non será un escenario sinxelo a pesar do irregular da tempada que está a protagonizar o cadro ferrolán, e é que os de Miguel Ángel Tena levan tamén catro partidos sen gañar e contan cun só punto de vantaxe sobre a promocioón pola permanencia.
É unha moeda de dobre cara, porque a necesidade dos locais fainos máis perigosos se cabe pero tamén pode pesar na súa contra ao longo do duelo. A clave para o Pontevedra será deixar atrás a súa seca goleadora, e niso traballou Luisito ao longo da semana.
O técnico de Teo conta coas únicas baixas de Mario Barco e Iker Alegre por lesión, polo que conta con 19 xogadores dispoñibles do primeiro plantel ao recuperar a Portela tras o seu partido de sanción. Pola súa banda, no Racing de Ferrol, Tena perde a Pablo Rey por sanción e Sergio de Paz por lesión.
O colexiado do encontro será o cántabro José Alberto Pardeiro Puente.
DESPRAZAMENTO DA AFECCIÓN E PREZO DAS ENTRADAS
O Pontevedra non estará só na Malata, ata onde se desprazará un autobús de seguidores granates ademais de afeccionados en coches particulares. Os prezos que o Racing de Ferrol fixou para o encontro son de 20 euros en Tribuna, 15 en Preferencia e 10 euros en Fondo Sur, mentres os menores de 12 anos pagarán 1 euros en calquera das bancadas.
Relacionadas:
-
Un chispazo de Dani Benítez basta para tombar a un Pontevedra sen pegada en Ferrol (1-0)
Por Raúl Salgado |
-
Luisito, sobre a falta de gol do equipo: "Esto tarde ou temprano vai acabar"
Por Diego Espiño |
-
A reparación da cuberta da Malata, a tempo para o derbi entre Racing de Ferrol e Pontevedra
Por Redacción | Creada e actualizada
-
Un inxenuo penalti custa o partido fronte ao Izarra a un Pontevedra que segue sen ver porta (1-0)
Por Redacción |