Seis atletas da Gimnástica, a polo Campionato de España en Pista Cuberta
Por Redacción
Salamanca acollerá este fin de semana, os días 18 e 19 de febreiro, a competición atlética en pista máis importante da tempada nacional baixo teito, o LIII Campionato de España Absoluto de Pista Cuberta.
Nel estarán ata seis atletas da Sociedad Gimnástica de Pontevedra na busca dun bo resultado.
Alberto Salcedo, co sétimo mellor tempo dos participantes, aspira a entrar na final dos 200 metros, do mesmo xeito que Lysvanys Pérez no salto de altura. Santi Ferrer pola súa banda chega á cita coa sexta mellor marca entre os participantes do héptatlon, onde tentará exceder a barreira dos 5.000 puntos.
Completan a representación do equipo pontevedrés Víctor Gallego no lanzamento de peso, Ignacio Sarmiento nos 400 metros e Iván Blanco nos 800 metros.
Relacionadas:
-
Okutu proclámase subcampión de España en pista cuberta e Lysvanys Pérez colga o bronce
Por Redacción |
-
O equipo de cros curto masculino da Gimnástica, campión autonómico
Por Redacción |
-
Dez medallas, balance da Gimnástica no Campionato Galego baixo teito
Por Redacción |
-
Alcorcón, sede da primeira xornada de liga para os equipos da Gimnástica
Por Redacción |