A Escola Naval, sede do campionato autonómico xuvenil de waterpolo
Por Redacción
O Waterpolo Pontevedra levará unha vez máis o seu deporte ata Marín coa organización do Campionato Galego Xuvenil, en colaboración da Federación Galega de Natación.
A competición desenvolverase na Escola Naval Militar de Marín o vindeiro sábado 18 de febreiro.
Serán cinco os equipos que se dean cita na competición, na que está en xogo a clasificación para o Campionato de España Xuvenil de 2ª Categoría. Ademais do Waterpolo Pontevedra participarán o CW Santiago, Club Natación Coruña, Marina Ferrol e RCN Vigo.
En horario matinal xogarase a fase previa, cunha semifinal entre CW pontevedra e CW Santiago (12:00 horas) e outra a modo de triangular cos encontros CN Coruña-RCN Vigo (9:30), Marina Ferrol-CN Coruña (11:00) e RCN Vigo-Marina Ferrol (13:00h). Pola tarde ás 17:00 horas fixouse o choque polo terceiro e cuarto posto e ás 18:30 horas a final.
O Campionato Galego, presentado este mércores no Concello de Marín, contará con entrada de balde para o público.