O Marcón ponse a tiro do líder e o Pontevedra B recupera a confianza cunha goleada
Por Redacción
Un gol de ouro de Sapi, a seis minutos do final, deu tres importantes puntos ao Marcón Atlético no Carrasco ante un combativo Sporting Guardés (2-1).
Os pontevedreses aproveitaron o mal resultado do líder, Beluso, e colócanse a só un punto da cabeza da táboa na Primeira Rexional.
Non foi un partido sinxelo para os de Luís Oliveira, que tiveron que remontar o gol inicial dos visitantes, que sorprenderon aos 18 minutos.
Arturo no 37 estableceu o empate, e tras o descanso a igualada mantívose ata os instantes finais, cando Sapi resolveu co segundo tanto local.
Consulta aquí o acta do Marcón Atlético-Sp.Guardés.
Tamén gañou o Pontevedra B, no seu caso con autoridade en casa ante a Gran Peña (4-1) nun partido que serve para recuperar a confianza perdida e pensar nunha remontada na clasificación.
O filial granate adiantouse aos 9 minutos cun gol de Diego Cantero, e atopouse cun tanto en propia porta dos visitantes á media hora que achandaba o camiño.
Tras o descanso a Gran Peña recortou distancias, pero Ramón de penalti e Álvaro, xa no último minuto, completaron unha goleada que deixa aos de Tonete na décimo quinta praza con 24 puntos.
Relacionadas:
-
O Marcón gaña en Cuntis e ponse líder e o Pontevedra B volve complicarse ao caer co Domaio
Por Ramiro Espiño |
-
Triunfo do Marcón para seguir ao axexo do líder e do Pontevedra B para afastarse do descenso
Por Redacción |
-
O Marcón ve freado o seu bo momento no Grove e o Pontevedra B salva un punto en Ponteareas
Por Redacción |
-
A porta pechada non detén a un bo Marcón, que vence ao Chaín e axexa o liderado
Por Redacción |