O Teucro pide un plus á súa afección no momento clave da tempada: "Con ellos detrás todo es más sencillo"
Por Diego Espiño
As derrotas dos seus principais perseguidores a pasada xornada consolidou ao Teucro no liderado da División de Honra Prata, pero os azuis queren máis conscientes de que pode ser o momento máis importante da tempada.
Por iso o club pediu aos seus afeccionados que se envorquen con eles desde eeste mesmo sábado (20:30 horas) no Pavillón Municipal dos Deportes na visita do Torrelavega, porque "con ellos detrás todo es más sencillo", recoñece Quique Domínguez.
O técnico pontevedrés defende que "a veces cuando llevas una trayectoria tan buena puede parecer fácil" proseguir coa súa xeira positiva, despois de dezaseis xornadas sen perder en liga (15 vitorias e 1 empate), pero "cuesta mucho ganar" en cada partido, asegura.
O cadro teucrista quere seguir abrindo brecha na clasificación, pero para iso deberán superar a un Torrelavega que é un equipo moi diferente ao da primeira volta, cando "eran recién ascendidos e inseguros, pero ahora es un equipo muy fuerte y en trayectoria ascendente", advirte Domínguez.
A pesar dos problemas físicos que arrastrou ao longo da semana algúns dos xogadores azuis, como Óscar Silva ou Carlos García, "todos estarán el sábado", confirma o preparador teucrista, a excepción do lesionado José Manuel Rial.
O encontro será arbitrado polos madrileños Muñoz Díaz e Posada González.
Relacionadas:
-
Abonado ao sufrimento, o Teucro segue ao seu vencendo con apuros ao Torrelavega (27-25)
Por Ramiro Espiño & Diego Torrado |
-
Xornada redonda para o Teucro que gaña con apuros ao pechacancelas Tolosa (26-29)
Por Redacción |
-
Sufrido triunfo do Teucro sobre BMC nun mal partido (24-22) para pechar unha volta case perfecta
Por Ramiro Espiño & Diego Torrado |