O deporte adaptado reclama o seu espazo coa primeira xornada da Liga Galega de fútbol sala
Por Redacción
O pavillón Multiusos da Xunqueira será escenario o vindeiro mércores 15 de febreiro dunha xornada que pretende "dar visibilidad al deporte adaptado".
Alí xogarase a primeira xornada da Liga Galega de fútbol sala adaptado, na que competirá 12 equipos en dúas categorías, competición masculina e adaptada masculina.
A competición disputarase simultaneamente nas dúas pistas do pavillón pontevedrés, que contará coa presenza dos clubs Juan XXIII, Celta Integra, San Rafael, Asdan, Aspanaex, Saladino Cortizo, Aceesca, Prioriño e Aspavi, participando algúns deles nas dúas categorías.
"Me gustaría animar al público a vivir en primera persona valores tan importantes como el esfuerzo, la superación personal y el respeto porr la diferencia", sinalou na presentación do torneo María Franco, representante do Xoán XXIII pontevedrés.
A Federación Galega de Deporte Adaptado confirmou ademais que pretenden que a cidade de Lérez sexa este ano sede da Copa Federación e a Copa Galicia de fútbol sala adaptado.