Dario Otero e Lara Lois, campións galegos de dúatlon cros en Samieira
Por Redacción & Diego Torrado
Deixou de chover e o XI Dúatlon Cros de Samieira encargouse de dar emoción á mañá deportiva en Poio.
A pesar de que estaban inscritos preto de 70 depotistas, finalmente foron medio cento os atletas que completaron o duro percorrido de 6 quilómetros a pé, 19,5 quilómetros en biciclieta e outros 3 quilómetros de carreira a pé final.
A proba contaba este ano coa catalogación de Campionato Galego da especialidade.
O campión na categoría masculina foi Darío Manuel Otero ao completar o percorrido en 1 hora, 30 minutos e 51 segundos, seguido en segundo lugar por David Pérez (1:32:47) e na terceira por David Landeira (1:36:00).
Na categoría feminina repetiu o triunfo do pasado ano Lara Lois, investindo 1 hora, 50 minutos e 20 segundos en completar a proba. Segunda foi a biker Lucía Vázquez, apuntada nesta ocasión a unha nova modalidade deportiva (2:00:00), completando o podio a atleta veterana María Belén Lemat (2:26:48).