O Peixe Galego traslada ao CGTD o seu partido ante Araberri polos danos causados polo temporal na Raña
Por Diego Espiño
Creada e actualizada
Creada e actualizada
Os danos causados polo temporal na cuberta do pavillón da Raña obrigaron a trasladar de lugar o encontro da liga LEB Ouro de baloncesto deste ábado entre Peixe Galego e Araberri.
O forte vento das últimas horas arrincou unha parte da cuberta do pavillón marinense, provocando unha gran entrada de auga ao recinto. Operarios municipais do Concello de Marín traballaron durante varias horas en solucionar a incidencia, algo que á primeira hora da tarde deste venres "quedó resuelto de una forma provisional", confirmou a PontevedraViva o concelleiro de Deportes, Antonio Traba. Con todo un novo desprendemento a última hora da tarde obrigou a tomar a decisión de cambiar de pavillón.
A situación produciu un gran nerviosismo no club marinense, que solicitou inicialmente a suspensión do encontro. Con todo o Araberri negouse a aprazar o duelo, resposta que non sentou demasiado ben no club peixe.
O partido xogarase finalmente no Centro Galego de Tecnificación Deportiva de Pontevedra este sábado a partir das 22:00 horas, con entrada libre para o público.
Relacionadas:
-
Tim Derksen e Andrés Miso converten en festa o exilio do Peixe fronte Araberri (76-60)
Por Ramiro Espiño & Diego Torrado |
-
Preto de 23.000 persoas na provincia seguen sufrindo cortes de luz polo temporal
Por Redacción |
-
Gabe Rogers retorna ao Peixe Galego para reforzar o seu xogo exterior
Por Diego Espiño |
-
O Palma Air Europa acaba co bo momento do Peixe Galego (80-69)
Por Redacción |