Víctor Riobó e Mari Ángeles Castro, gañadores nunha carreira de San Brais pasada por auga
Emocionante foi o inicio da quinta edición do Circuíto de Carreiras Populares de Pontevedra. Un ano máis, San Brais foi a encargada de inaugurar o calendario atlético na cidade e, aínda que a choiva ameazou con augar o espectáculo, uns cincocentos corredores, entre a proba absoluta e as categorías inferiores, animáronse a participar.
A vitoria na categoría masculina foi para o marinense Víctor Riobó, que completou os 6.500 metros de percorrido, con saída e chegada no centro comercial de Salcedo, en 23 minutos e 5 segundos.
Superou tan só por seis segundos ao seu principal rival nesta carreira, Elías Domínguez. A terceira praza foi para o vigués Pablo Carrera, que parou o seu crono en 23:55.
Pola súa banda, o triunfo entre as mulleres foi para Mari Ángeles Castro. A atleta de Bueu cruzou a liña de meta tras 29 minutos e 50 segundos de carreira.
A súa distancia con respecto á segunda clasificada foi un pouco máis ampla que a de Riobó. Foi 24 segundos máis rápida que Marga Villaverde. A terceira praza foi para Marisé Astorga, tamén natural de Poio, que concluíu a proba en 30:25.
Os resultados completos da IX carreira popular de San Brais pódense consultar na páxina web de Championship Norte.
O circuíto da proba foi o mesmo do ano pasado, pero ás características costas e a a dureza do trazado uniuse nesta ocasión as choivas que, de forma intensa, caeron durante a carreira.
Antes da proba absoluta, o aparcadoiro do centro comercial de Salcedo acolleu tamén a celebración das carreiras dos máis pequenos, todo un espectáculo deportivo dos atletas que, moi pronto, tomarán a substitución dos maiores.
A xornada festiva concluíu cunha chocolatada para os participantes.
Relacionadas:
-
Dez anos de Carreira Pedestre de Campañó
Por Diego Espiño |
-
Monte Porreiro, barrio de 'runners'
Por Diego Espiño & Diego Torrado |
-
A Carreira Pedestre de Monte Porreiro, pendente do ceo
Por Redacción |
-
Elías Domínguez e Mari Ángeles Castro vencen na espectacular estrea da Urban Trail Night
Por Diego Espiño & Diego Torrado |
-
Preto de 700 atletas estrearán a Urban Trail Nigth de Pontevedra
Por Diego Espiño |
-
A PonteNoite 5+5 trasládase a xullo e intégrase na iniciativa Ponle Freno
Por Diego Espiño |
-
A Illa das Esculturas será escenario dunha nova carreira popular, a 8K do Lérez
Por Diego Espiño |
-
A IX Carreira de San Brais, de novo punto de partida do Circuíto de Carreiras Populares
Por Diego Espiño |
-
Abre o prazo de inscrición para o V Circuíto de Carreiras Populares de Pontevedra
Por Redacción |
-
Definido o calendario do Circuíto de Carreiras Populares de Pontevedra 2017
Por Diego Espiño |