Grave crise institucional no Palencia, próximo rival do Pontevedra en liga
Por Diego Espiño
Demandas xudiciais e pelexas polo control da entidade desvían a atención da tamén importante crise deportiva no Palencia a poucos días de que o Pontevedra renda visita á Nova Balastera.
Non hai día no que a actualidade no club palentino non se desvíe cara ao extradeportivo. A semana comezou cunha vista xudicial na que o exadestrador do primeiro equipo, Santi Sedano, reclamou preto de 19.000 euros ao club polo seu despedimento, o que cobrase ata final de tempada.
Sedano, que foi substituído en verano por Óscar de Paula, viuse as caras no xulgado co máximo dirixente do club, o presidente Javier Rodríguez. Con todo, de maneira inesperada o dirixente deixou de estar ao mando da entidade ao tramitar a Junta de Castilla y León un acta validando a unha xunta xestora para que dirixa ao club morado, no medio de acusacións de ilegalidade por parte do propio Rodríguez, que anunciou medidas xudiciais.
Ante esta situación, as oficinas do Palencia permaneceron este mércores pechadas, cos xogadores á expectativa do que acontecía, pero por se a situación non fose xa suficientemente rocambolesca, o presidente da xunta xestora anunciou a súa dimisión por motivos persoas, deixando no aire se o resto deste organismo está facultado para tomar decisións e convocar eleccións.
Inestabilidade institucional que fai que na cidade se fale de calquera cousa menos do choque de liga do próximo domingo (17:00 horas) ante o Pontevedra, nun momento no que o seu equipo atópase tamén en plena reestruturación.
O club deu hai uns días ata cinco baixas, as de Iván Zarandona, David Durántez, Héctor Selecto, Iván Murillo e Antonio Segura, ao que se une a saída de Pablo Pérez, anunciando ata o momento só dúas incorporacións para cubrir as súas fichas, as do interior zurdo Pablo Navas e o defensa central Pablo Gallardo.
Os de Óscar de Paula, despois de cinco derrotas consecutivas, marchan na décimo oitava praza da táboa con 19 puntos, a catro da promoción pola permanencia e a cinco da salvación. Pero como a can fraco todo son pulgas, o técnico palentino non poderá contar por sanción co defensa Acoidán e o centrocampista Pelayo, ao cumprir cinclo de amoestacións. Ademais o Comité de Competición impuxo un castigo de dous partidos de suspensión ao propio De Paula, que non poderá dirixir ao seu equipo no choque ante o Pontevedra.
Relacionadas:
-
O Pontevedra sofre primeiro e perdoa despois en Palencia (0-0)
Por Redacción |
-
Pescar en río revolto, obxectivo do Pontevedra en Palencia
Por Diego Espiño |
-
Luisito, intranquilo pola crise institucional do Palencia: "Non sei contra quen nos imos enfrontar, contra que futbolistas"
Por Diego Espiño |
-
O Pontevedra descarta facer máis fichaxes tras a chegada de Eneko Eizmendi
Por Diego Espiño & Mónica Patxot |
-
O Pontevedra freta un autobús para que os seus afeccionados arroupen o equipo en Palencia
Por Redacción |
-
Os peñistas de Fondo Norte, todos a un tempo
Por Diego Espiño |
-
RADIO.- Lupe Murillo aposta pola continuidade de Luisito: "El final seguro que será el que todos esperamos"
Por Redacción |
-
Un gol de fortuna decide a favor dos cántabros un extraordinario partido de Pontevedra e Real Racing (0-1)
Por Ramiro Espiño & Diego Torrado |