Espectáculo asegurado no I Rallymix Cuntis Vila Termal
Por Redacción
Cuntis será escenario o próximo mes de marzo, os días 11 e 12, do primeiro Rallymix Cuntis Vila Termal.
A proba, primeira cita puntuable do Campionato Galego, foi presentada oficialmente na Cidade da Cultura de Santiago de Compostela, onde se deron detalles da competición.
Baixo a organización da Escudería Cuntis Vila Termal, os participantes afrontarán cinco pasadas a un tramo de 13,940 metros, dos cales 11,460 metros serán cronometrados intercalando tramos de asfalto e tramos de terra que garanten a espectacularidade para os afeccionados ao motor.
Para a estrea do Rallymix elaborouse un importante plan de seguridade, que inclúe "52 puntos de control, equipados con bandeiras, extintores e navalla corta arneses. O equipo médico asistencial estará formado por dúas UVI Móbil e dous equipos médico-enfermeira. Os hospitais alertados son o Miguel Domínguez e o Complexo hospitalario de Pontevedra. Haberá cinco vehículos de extinción de incendios e catro vehículos de intervención e rescate. Ademáis contaremos con vehículos R da federación, todos eles provistos con equipo de excarcelación", sinalou José Ramón Sierra, da Escudería Charly Romeo.
O I Rallymix Cuntis contará con dúas mangas cronometradas desde as 12:30 horas do sábado 11 de marzo e outras tres previstas para o domingo 12 de marzo, desde as 9:00 horas.
A presentación serviu ademais para confirmar o regreso á competición do dúas veces campión galego José Miguel Martínez Barreiro 'Bamarti', quen declaro que "é todo un orgullo volver ás carreiras na miña terra e sobre todo como piloto cuntiense", sinalando que o seu obxectivo será loitar por unha praza no podio.
Pola súa banda o alcalde, Manuel Campos, felicitou ao organizadores "polo traballo tan espectacular que a escudería leva a cabo desde a primeira reunión que tivemos con eles".
Ao acto tamén acudiron a concelleira de Deportes, Conchi Campos, o videpresidente da Federación Galega de Automobilismo, José Ignacio Dávila, e o presidente da Escudería Cuntis Vila Termal, David Calvo.
Relacionadas:
-
A Garda Civil impide participar no RallyMix de Cuntis a tres vehículos dados de baixa por despezamento
Por Redacción |
-
Bamarti triunfa na casa na lucida estrea do RallyMix de Cuntis
Por Diego Espiño & Diego Torrado |
-
#OlloConPepe, o cura e o alcalde no Rallymix de Cuntis
Por Diego Espiño & Mónica Patxot |