O Leis feminino reacciona para sumar un punto ante o Alcorcón B
Por Redacción
A falta de acerto volveu lastrar ao Leis Pontevedra no seu encontro da Segunda División Feminina ante o Alcorcón B (3-3).
As pontevedresas reaccionaron na segunda metade para salvar polo menos un punto, que en todo caso non soluciona os seus problemas clasificactorios xa que seguen na penúltima praza con 13 puntos.
A pesar de levar as locais o peso do partido, o Alcorcón adiantaríase na súa primeira xogada de perigo, aos cinco minutos. O Leis chegaba con perigo, pero non acertaba na definición e antes do descanso as visitantes lograban o seu segundo tanto nunha acción de estratexia.
Tras o descanso, o Leis saíu decidido a pola remontada. Así no minuto 25 Lucía poñía o 1-2 nunha rápida acción de saque de banda e só un minuto despois Mar poñía as táboas noutra acción ensaiada.
O empate espoleó ao Alcorcón, que melloro as súas prestacións, pero o que chegou foi o terceiro gol das pontevedresas, nun saque de esquina no que o balón rebota na gardameta madrileña e acaba entrando na portería.
Faltaban pouco máis de tres minutos e apostou o cadro visitante por xogar de cinco, atopando o premio da igualada no seu primeiro intento, facendo o 3-3 definitivo.
A nota positiva do choque para o Leis foi o debut de Nayara co primeiro equipo.
Relacionadas:
-
Xornada para esquecer no fútbol sala pontevedrés
Por Redacción |
-
O Leis métese en problemas tras perder na cancha do Ventorrillo (4-3)
Por Redacción |
-
O Leis masculino rescata un punto na pista do Xove (4-4) no seu primeiro partido do ano
Por Redacción |
-
Positivo inicio de ano para o Leis na Segunda División feminina
Por Redacción |