PC Rías Baixas, tres anos de paixón polo tríatlon
Por Diego Espiño
O Casal de Ferrerirós, en Poio, acolleu este sábado a presentación dunha nova tempada para o Tríatlon PC Rías Baixas.
O club, que cumpre o seu terceiro ano de vida, pretende seguir consolidándose nas competicións autonómicas, e para iso realizou varias incoporacións como a campioa galega en distancia olímpica, media e longa distancia, Sonia Pariente.
Na súa terceira tempada o Tri PC Rías Baixas contará con 42 deportistas federados.
No acto, presidido pola concelleira de Deportes de Poio, Marga Caldas, rendeuse homenaxe a un dos deportistas do equipo e impulsor do tríatlon en toda a comarca, Álvaro Ogando.