O Cisne, a seguir soñando en grande na visita do Cajasur Córdoba
Por Redacción
Primeiro partido do ano no Centro Galego de Tecnificación Deportiva para un Club Cisne Balonmán que quere seguir soñando cos postos de play-off de ascenso.
Os pontevedreses, tras a súa apurada vitoria en Xixón, reciben este sábado (17:30 horas) ao Cajasur Córdoba. Será un encontro entre un dos mellores locais da categoría ata o momento, o Cisne, e un dos peores visitantes, xa que o cadro andaluz a pesar da súa boa situación en liga (13 puntos) non logrou aínda puntuar a domicilio.
O obxectivo dos de Jabato pasa por lograr dous puntos que lle manteñan na zona nobre antes de visitar, a próxima xornada, a complicada pista do Alarcos Ciudad Real.
A boa noticia para o técnico local é que poderá contar con todo o plantel para a cita, ao recuperar xa a Andrés Sánchez para o que queda de tempada unha vez concluída a súa estadía por estudos no estranxeiro. Co central, dispoñible, aínda que fóra de forma polo momento, Jabato deberá realizar un descarte na convocatoria.
O encontro será arbitrado polos colexiados cataláns Escoda Pérez e Sánchez Bordetas.
Relacionadas:
-
Alarcos Ciudad Real imponse ao Cisne (32-28) e aperta a loita polo play-off
Por Redacción |
-
Sen necesidade de empregarse a fondo o Cisne supera con claridade a Cajasur Córdoba (32-21)
Por Ramiro Espiño & Diego Torrado |
-
Súa o Cisne para dobregar o pechacancelas Gijón Jovellanos (22-23)
Por Redacción |