Un partido a porta pechada e multa económica ao Marcón por insultos racistas dalgúns dos seus afeccionados
Por Redacción
O Comité de Competición da Federación Galega de Fútbol castigou ao Marcón Atlético cunha multa económica de 301 euros e a celebración dun partido a porta pechada tras o comportamento dalgúns dos seus afeccionados no choque do pasado domingo ante o San Martín de Vilaxoán, correspondente ao campionato de liga de Primeira Rexional.
O colexiado do encontro recolleu no acta que "durante o primeiro tempo escoitáronse algúns insultos racistas dunha pequena parte da afección" dirixidas ao xogador visitante Carlos Sánchez. Segundo o testemuño do árbitro pronunciáronse descualificacións como "negro de mierda", "mono" ou "vete para Melilla".
A rápida reacción do Marcón, que non só inmediatamente condenou este comportamento senón que utilizou a megafonía para pedir que cesasen os insultos e mesmo se dirixiu directamente aos seguidores na bancada, evitou unha sanción maior.
De feito a sanción é a mínima que estipula o regulamento para estes casos "en atención á reacción do club local", que logrou "que as manifestacións cesasen máis tarde", explica no seu fallo do Comité de Competición.
O Marcón Atlético cumprirá o castigo no seu próximo partido como local no Carrasco, previsto para o domingo 29 de xaneiro ante o Chaín, terceiro clasificado da liga e rival directo polo ascenso.
Relacionadas:
-
A porta pechada non detén a un bo Marcón, que vence ao Chaín e axexa o liderado
Por Redacción |
-
O Marcón tira de enxeño para que os seus afeccionados poidan ver o choque a porta pechada ante o Chaín
Por Redacción |
-
Xornada de empates para Marcón e Pontevedra B
Por Redacción |
-
A directiva do Marcón ameaza con dimitir en bloque ao sentirse como cabeza de turco da Federación
Por Diego Espiño |
-
O Marcón colle velocidade de cruceiro e o Pontevedra B logra o seu segundo triunfo consecutivo
Por Redacción |