O Waterpolo Pontevedra, ao asexo do liderado na Primeira División Galega
Por Redacción
Importante triunfo a domicilio o conseguido polo Club Waterpolo Galaico en Santiago de Compostela, que lle permite axexar o liderado da Primeira División Galega masculina.
O club pontevedrés venceu ao CW Santiago nun igualado encontro (10-11) e colócase con 13 puntos, un máis que os composteláns e os mesmos que o CN Coruña, primeiro da clasificación cun partido menos.
Os de Javi de Sáa realizaron un bo partido, levando a iniciativa ao comezo do mesmo. Con todo os locais remontaron no segundo cuarto para chegar con vantaxe ao descanso (4-3).
No terceiro parcial o Pontevedra volveu recuperar o mando e chegou a poñerse 6-10 a falta de tres minutos e medio para o final, pero terminaron sufrindo ata que a falta de 24 segundos un gol de Mauro certificaba a vitoria.
Agora o cadro pontevedrés xogarase o liderado da liga regular na próxima xornada ligueira, na que recibirá na piscina do CGTD ao CN Coruña.
Relacionadas:
-
O liderado afástase para o Waterpolo Pontevedra tras a súa derrota ante o CN Coruña
Por Redacción |
-
O waterpolo feminino reclama o seu espazo
Por Redacción |
-
O Waterpolo Pontevedra divírtese por Nadal
Por Redacción & Mónica Patxot |
-
O Waterpolo Pontevedra dá a talla ante o campión portugués
Por Redacción |