Portonovo e Unión Grove gañan e distáncianse do descenso mentres o Sanxenxo non pasa do empate
Por Redacción
O novo ano sentoulle ben a Portonovo e Unión Grove, que lograron a súa segunda vitoria consecutiva en liga e abren distancia cos postos perigosos da clasificación de Preferente.
Épico foi o triunfo do Portonovo, xa que os arlequinados venceron en Baltar ao Moaña (1-0) a pesar de terminar o encontro con só nove futbolistas, polas expulsións de Marcos Blanco e Teijeira, a segunda cando restaban cinco minutos para o final.
O gol de Javi Míguez no primeiro minuto da segunda metade deu os tres puntos aos de Borja Burgos, que se defenderon ao final con uñas e dentes.
Coa vitoria o Portonovo se situa na décimo cuarta praza con 24 puntos.
Consulta o acta do Portonovo-Moaña.
Un posto máis arriba pero coa mesma puntuación está o Unión Grove, que dobregou ao Alertanavia (2-1) no Monte da Vila nun emocionante partido.
Carlos Besada adiantou ao cadro meco aos 27 minutos, pero só dous despois os visitantes lograban igualar.
Calquera dos dous equipos podían gañar, e finalmente foi o Unión Grove, no último minuto, o que levou o triunfo co segundo tanto de Carlos Besada.
Consulta o acta do Unión Grove-Alertanavia.
O que non conseguiu gañar foi o Xuventú Sanxenxo, a pesar de que o seu encontro no campo do Polígono San Ciprián (1-1) púxoselle a favor no tramo final.
Despois de 74 minutos de igualdade máxima, Javi Nogueira adiantou aos amarelos de penalti, pero no 80 os locais conseguían igualar un marcador que xa non se movería.
O Sanxenxo queda así na duodécima praza con 26 puntos.
Consulta aquí o acta do Polígono San Ciprián-Xuventú Sanxenxo.