Mutilnova, un estadio inaccesible para os equipos que loitan polo play-off
Por Redacción
É un equipo modesto, que loita por conseguir a permanencia na súa primeira tempada na Segunda División B, pero demostrou durante a primeira volta da competición que para gañar no seu estadio hai que empregarse a fondo.
A Unión Deportiva Mutilvera, próximo rival do Pontevedra en liga, marcha actualmente na décimo quinta posición con 21 puntos, dos cales 11 logrounos xogando de local.
Son números enganosos, xa que polo campo de Mutilnova pasaron xa gran parte dos equipos que pelexan polo play-off de ascenso, sen que ningún deles lograse levar os tres puntos en xogo.
"Son muy solidarios, van todos a una y nos pondrán en muchísimas dificultades", recoñece Luisito en relación ao próximo partido dos seus. Ademais o técnico granate poñerá especial atención no balón parado, porque "en un saque de banda, en un corner o en una falta lateral son poderosísimos, lo tienen muy trabajado", sinala.
Con eses argumentos os granates visitan o feudo navarro este sábado (18:15 horas) coa lección ben aprendida. O Mutilvera ata o momento perdeu dous encontros como local durante a primeira volta, ante Somozas e Boiro, e gañado outros dous ante Ponferradina (1-0) e Caudal. O resto dos seus compromisos en Mutilnova, cinco partidos, saldáronse con empate, ante rivais da categoría de Real Racing ou Celta B situados como os pontevedreses en postos de play-off de ascenso.
Relacionadas:
-
O Pontevedra roza a vitoria ao final na fortaleza de Mutilva (0-0)
Por Redacción |
-
A Mutilva, cos 18 dispoñibles
Por Diego Espiño |
-
Mateu Ferrer, ante a súa gran oportunidade
Por Diego Espiño |
-
RADIO.- Luisito aposta por dar continuidade o plantel e non acudir ao mercado de fichaxes
Por Diego Espiño |
-
Descartada unha lesión grave de Mario Barco, que estará a lo menos catro semanas de baixa
Por Diego Espiño |
-
Xogando con lume o Pontevedra supera o Guijuelo nun discreto partido (2-1)
Por Ramiro Espiño & Diego Torrado |