Mateu Ferrer, ante a súa gran oportunidade
Por Diego Espiño
Chegou a Pontevedra coa bitola de home gol, avalada polos tantos que logrou a pasada campaña en Terceira División co filial do Real Mallorca, e agora quere reivindicarse no equipo granate.
Mateu Ferrer queda como a gran referencia ofensiva do equipo ante a lesión de Mario Barco, a quen a resonancia magnética á que foi sometido revela que sofre finalmente unha escordadura no seu nocello esquerdo de grao II-III con distensión. Desta forma o seu período de baixa será lixeiramente superior ao inicialmente previsto, situándose preto das seis semanas de convalecencia en función da súa evolución.
Substituír ao 'pichichi' do equipo, con 10 goles, non será tarefa sinxela, pero Mateu quere dar un paso á fronte.
Ata o momento, o ariete balear anotou tres goles en liga (catro se se conta o conseguido ante o Lealdade que o árbitro adxudicou a un defensa rival), actuando en 19 partidos, 6 deles como titular.
Dos tres goles que conseguiu ata o momento, un logrouno na primeira xornada en Guijuelo, outro na casa ante o Somozas e o terceiro, no único partido que disputou completo ata a data, ante Osasuna B.
Durante o próximo mes de competición o Pontevedra xogará ante o Mutilvera a domicilio, Real Racing na casa, Palencia fóra e Celta B en Pasarón.
Relacionadas:
-
O Real Racing reforza o seu plantel antes de visitar Pasarón
Por Diego Espiño |
-
O Pontevedra roza a vitoria ao final na fortaleza de Mutilva (0-0)
Por Redacción |
-
A Mutilva, cos 18 dispoñibles
Por Diego Espiño |
-
Mutilnova, un estadio inaccesible para os equipos que loitan polo play-off
Por Redacción |
-
As peñas do Pontevedra preparan unha xornada festiva para recibir ao Real Racing en Pasarón
Por Redacción |
-
Descartada unha lesión grave de Mario Barco, que estará a lo menos catro semanas de baixa
Por Diego Espiño |
-
Xogando con lume o Pontevedra supera o Guijuelo nun discreto partido (2-1)
Por Ramiro Espiño & Diego Torrado |