Abre o prazo de inscrición para o V Circuíto de Carreiras Populares de Pontevedra
Por Redacción
Despois de habilitar un período de consultas para que os deportistas trasladasen as súas propostas ou queixas, o Servizo de Deportes do Concello de Pontevedra aprobou definitivamente o regulamento do V Circuíto de Carreiras Populares de Pontevedra, habilitando o seu período de inscrición.
Os deportistas que queiran tomar parte no Circuíto poden xa anotarse a través das web www.championchipnorte.com.
Poderano facer ata a terceira cita do calendario, a carreira de Monte Porreiro, cun prezo de 40 euros (55 se non se conta con chip).
O V Circuíto de Carreiras Populares estrearase xa este mes de xaneiro, o día 29, coa Carreira de San Brais, que tamén ten aberta xa a súa inscrición.
A gran novidade desta edición será a súa segunda proba, o I Urban Trail Nigth que finalmente se disputará o día 11 de marzo, atrasando unha semana a súa data inicial ao coincidir coa celebración do Ravachol.
Despois chegará a Carreira Pedestre de Monte Porreiro (26 de marzo), Campañó (27 de maio), Ponte Noite 5+5 (17 de xuño), Santiaguiño do Burgo (25 de xullo) e o Medio Maratón de Pontevedra (22 de outubro) completando o calendario.
O obxectivo da organización pasa por superar o número de corredores da pasada edición, que se situou nos 387 inscritos para todo o circuíto, sendo moito maior o número de atletas en cada unha das carreiras que o compoñen.
Relacionadas:
-
Preto de 700 atletas estrearán a Urban Trail Nigth de Pontevedra
Por Diego Espiño |
-
A PonteNoite 5+5 trasládase a xullo e intégrase na iniciativa Ponle Freno
Por Diego Espiño |
-
Apertura de inscricións para a III Gladiator Race e para a I Urban Trail Night de Pontevedra
Por Redacción |
-
Víctor Riobó e Mari Ángeles Castro, gañadores nunha carreira de San Brais pasada por auga
Por Alejandro Espiño & Diego Torrado |
-
A IX Carreira de San Brais, de novo punto de partida do Circuíto de Carreiras Populares
Por Diego Espiño |
-
Definido o calendario do Circuíto de Carreiras Populares de Pontevedra 2017
Por Diego Espiño |
-
O Circuíto de Carreiras Populares coroa aos campións da súa cuarta edición
Por Diego Espiño |
-
Un trail urbano nocturno, novidade do Circuíto de Carreiras Populares 2017
Por Redacción |