Fin á exposición polo 75 aniversario do Pontevedra
Por Redacción
Case tres meses despois da súa inauguración, a exposición polo 75 aniversario do Pontevedra Club de Fútbol bota o peche.
A mostra recibiu "milleiros de visitantes" desde o pasado 10 de outubro no Pazo Provincial da Deputación, segundo a propia administración provincial.
Grupos escolares, colectivos cidadáns e persoas que se achegaron á Deputación para realizar xestións, puideron observar os paneis, trofeos e obxectos da historia do Pontevedra, con especial atención á etapa do 'Hai que Roelo'.
Segundo recoñeceu no seu momento o comisario da exposición, o xornalista Xabier Fortes, a mostra pretende ser o xerme dun futuro museo da historia do club granate.