Importantes vitorias de Unión Grove e Portonovo e freada do Xuventú Sanxenxo
Por Redacción
A primeira xornada do ano na Preferente resultou moi positiva para Unión Grove e Portonovo, que dan un paso importante á fronte na súa loita por eludir os postos de descenso.
O Portonovo venceu en Baltar ao Arenteiro (2-1) nun duelo moi disputado no que tiveron que remontar para levar os tres puntos ante un equipo que pelexa polos primeiros postos,
Os de Borja Burgos tiveron que sobrepoñerse ao gol dos visitantes no minuto 12, e tras tentalo durante moitos minutos sen éxito conseguiron voltear o marcador nos últimos compases.
Dous goles de Marcos Blanco no 71 e no 83 certificaron o triunfo, que lles deixa na décimo sexta praza con 21 puntos.
Consulta aquí o acta do Portonovo-Arenteiro.
Con 21 puntos colócase tamén o Unión Grove despois da súa importante vitoria na casa ante o Moaña (4-2).
Do mesmo xeito que o Portonovo, tivo que remontar o cadro meco tras adiantarse o Moaña preto da media hora, pero Rubén empatou antes do descanso.
Na segunda metade Diego Blanco decidiría con dous tantos, que hacián esquecer a mala fortuna no 2-2 dos visitantes, mentres Jacobo Domínguez sentenciaría no último minuto.
Consulta aquí o acta do Unión Grove-Moaña.
Non tivo tanta fortuna o Xuventú Sanxenxo, que desperdiciou dous goles de renda no campo do Erizana (2-2).
Javi Prieto adiantou aos amarelos aos 13 minutos, mentres Héctor no 51 parecía encarrilar o choque, pero os locais recortaron pronto distancias e terminaron empatando o partido.
O Sanxenxo queda na duodécima posición con 25 puntos.