Guillermo García e Irene Trabazo, opcións marinenses no Campionato de España de Ciclocrós
Por Redacción
Valencia acolle esta fin de semana, desde o venres 6 de xaneiro, o Campionato de España de Ciclocrós, no que Marín estará unha vez máis ben representado.
Á cita acoden Irene Trabazo (Meruelo) e Guillermo García (Club Ciclista Marín) dentro da Selección Galega que integran un total de 20 corredores.
Irene, tras realizar unha xira en Bélxica na que participou en probas como o Superprestigio de Diegem ou a Copa do Mundo de Heusden-Zolder que lle serviron para coller experiencia e recuperar as boas sensacións, tentará repetir a medalla conseguida hai un ano na categoría junior, cando foi prata, aínda que agora competirá na sub-23 durante a xornada do sábado.
Pola súa banda Guillermo García competirá na categoría junior, fixada para a mañá do domingo 8 de xaneiro.