Bueu prepárase para acoller a unha descafeinada Selección Galega de balonmán
Por Redacción
O Pavillón Municipal Pablo Herbello de Bueu será escenario o vindeiro sábado 7 de xaneiro (20:30 horas) dun partido especial, o da Selección Galega de balonmán, que se enfrontará a Xapón, de xira por Galicia para preparar o próximo Mundial de Francia.
Será con todo un encontro descafeinado pola súa data, xa que ao ser máis tarde do habitual o seleccionador galego, Víctor García 'Pillo', viuse obrigado a prescindir case na súa totalidade dos xogadores da División de Honra Prata, principalmente de equipos como Teucro e Cisne, xa que están a preparar o inminente inicio da segunda volta de competición na súa liga.
Desta forma no partido de Bueu só Pablo Galán (Cisne) milita na segunda categoría do balonmán nacional, correspondendo o resto de convocados principalmente á Liga Asobal e Primeira Nacional.
Pillo tirou do seu proio equipo, o Cangas, que non competirá de novo ata o mes de febreiro, para formar o bloque do combinado galego nunha convocatoria que para este partido estará composta por: Javi Díaz e Víctor Rodríguez (Valladolid); Diego Piñeiro (Ademar León); Pablo Galán (Cisne); Serafín Pousada, David García, Suso Soliño e Moisés Simés (Cangas); Adrián Rosales (Caen Handball); Víctor Couceiro (OAR); Miguel Porto e Ramón Gil (Lalín); Pablo Iglesias e Martín Alfeirán (Xiria); e Rubén Gómez (Chapela).
Galicia e Xapón tamén se enfrontarán o día 8 (28:00 horas) no Rosal, estando convocados para este partido os cineístas David Chapela e Álex Chan.