Un quinto aniversario a ritmo de sabre e espada co Trofeo Mestre Imre Dobos
Por Redacción
Minisabre (de 5 a 7 anos), sabre infantil (de 8 a 12), sabre absoluto (dende os 13 anos) e esgrima antiga, a gran novidade desta edición e un dos seus atractivos grazas ao grupo de adestramento creado hai un ano. Con estes ingredientes a Escola Hungaresa de Pontevedra celebrou o seu quinto aniversario organizando o Trofeo Mestre Imre Dobos.
Máis de 40 tiradores nas diferentes categorías participaron na proba na antiga Escola de Maxisterio. O evento arrancou co torneo de Sable M-12, onde competiron 15 nenos de entre 7 e 12 anos. Na final Tomás Quireza alzouse coa vitoria fronte a Pablo González, por 10 toucados a 4, mentres as medallas de bronce foron para Enrique Fariñas e Alberto Campelo.
Nas probas de Sabre Masculino a vitoria foi para Daniel De Faveri fronte a Telmo Fernández, por 15 toucados a 8, levándose o principal premio do día, un sabre da Garda Real Húngara. Pola súa banda en Sabre Feminino impúxose Antonella Bunimov ante Ana Barros.
No torneo de Esgrima Antiga a vitoria foi para Carlos Torres fronte a Alberto Abal.