O Arxil descoñece o paradoiro da venezolana Waleska Pérez tras non regresar das vacacións do Nadal
Por Diego Espiño
Problema gordo para o Club Baloncesto Arxil, que non sabe se poderá volver contar cunha das pezas clave do equipo, Waleska Pérez.
A base venezolana tiña que chegar a Pontevedra este mércores tras pasar as vacacións de Nadal no seu país, pero non tomou o voo que lle proporcionou o club.
A sopresa foi maiúscula para os responsables do equipo cando, ao achegarse ao aeroporto de Vigo a recollela, Waleska non estaba entre os pasaxeiros. Tras a sorpresa inicial tentaron comunicarse con ela sen conseguir, nin o club nin o seu axente, saber do seu paradoiro.
"Non sabemos de momento o motivo, está ilocalizable e nós estamos á expectativa", recoñece a adestradora arxilista, Mayte Méndez, sobre Waleska Pérez, que ten contrato en vigor ata final de tempada.
Trátase de "un palo duro" no económico, xa que "cuando traes a una jugadora extranjera su licencia se triplica", sinalou á súa vez Milagros Sanmartín.
XXIII TORNEO CIDADE DE PONTEVEDRA
Polo momento, mentres o Arxil espera para saber se debe buscar substituta, o único seguro é que a base internacional venezolana non estará presente no Torneo Cidade de Pontevedra que disputará o equipo verde ante o Universitario Ferrol da Liga Feminina.
"É un partido que tiñamos pedido hai tempo", explicou Mayte Méndez, e que finalmente se celebrará este venres (20:30 horas) no Centro Galego de Tecnificación Deportiva.
Ademais o tradicional torneo do Nadal do Arxil terá unha competición de base dividida en tres xornadas no que participarán o Colexio Mariano, Xuventude Cambados e o propio Universitario de Ferrol.
Relacionadas:
-
Volta á competición ligueira para un Arxil que viaxa a Oviedo baixo mínimos
Por Redacción |
-
Apuros económicos no Arxil tras a 'espantada' de Waleska Pérez
Por Diego Espiño |
-
O Universitario Ferrol, demasiado rival para o Arxil no Cidade de Pontevedra (63-81)
Por Redacción |
-
O Universitario de Ferrol da Liga Feminina, convidado ao Torneo de Nadal do Arxil
Por Redacción |
-
Sant Adriá aprovéitase da falta de puntería do Arxil (45-50)
Por Redacción |