Saleta Castro, deportista 'non grata' no CGTD
Por Diego Espiño & Mónica Patxot
É unha das máximas expoñentes do tríatlon pontevedrés, galego e nacional. Este ano, sen ir máis lonxe, finalizou en sexto lugar o Campionato de Europa Ironman en Frankfurt e foi 'finisher' no Campionato do Mundo da especialidade, en Hawaii, pero a partir desta tempada non adestra na que foi a súa casa desde os 9 anos, o Centro Galego de Tecnificación Deportiva de Pontevedra.
Desde o pasado mes de setembro, cando lle foi denegada a bolsa como deportista externa ao centro, Saleta deixou de utilizar as instalacións do CGTD e, o que é peor, non pode contar cos seus servizos médicos, que era "lo único que me interesaba" xa que "Fernando Huelin era mi médico desde los 13 años y para que me llevara un control año a año, por mi salud básicamente", recoñece a propia deportista a PontevedraViva.
"Es una decisión de la Xunta de Galicia y son los criterios que tienen ellos, pero yo creo que ahí hay como un vacío", explica Saleta, xa que se recoñecen os resultados en probas da Federación Española ou Internacional (ITU) pero non Ironman, ao tratarse dunha empresa privada.
No caso da pontevedresa, este ano non cumpriu os criterios de puntuación para conseguir praza no centro, ao non acudir a campionatos galegos ou de España e declinar a convocatoria da Selección Galega. "Yo hasta ahora el que cumplía era ir con la selección porque siempre me convocan", recoñece, pero este ano rexeitou esa opción para competir no Ironman de Maastricht, onde se xogaba a clasificación para o Mundial.
A pesar de todo a Federación Galega explicoulle que podía seguir usando as instalacións sempre que o fixese adaptándose aos horarios do grupo de adestramento en tríatlon do propio CGTD, que dirixe Omar González, un aspecto complicado polas diferentes dinámicas de traballo, polo que "prefiero no ir a las instalaciones y no deberle favores a nadie", asegura.
"Me siento muy a gusto aquí pero es que yo voy a Lanzarote y no pago instalaciones en ningún lado, porque entienden que ayudo a fomentar el turismo en la isla, participo en el Ironman, soy profesional e intentan dar facilidades para que esté allí", explica.
Saleta compaxina períodos en Lanzarote, concentrada no Club La Santa, con fases de preparación na casa, onde asegura sentirse a gusto porque "con tal de que me siga apoyando mi ciudad y el Concello me llega", sinala agradecida en relación ao apoio municipal que manterá na tempada que agora comeza.
Saleta Castro: "Con tal de que me siga apoyando mi ciudad y el Concello me llega"
LANZAROTE, OBXECTIVO PRINCIPAL DE 2017
Tras a experiencia que supuxo debutar na meca do tríatlon de longa distancia, o Mundial de Hawaii, Saleta Castro iniciou xa a preparación dun novo curso, no que o obxectivo non será polo momento volver ao Mundial Ironman.
"Necesito un año más de entrenamiento y de coger experiencia sobre todo en la bici, más fuerza, porque ahora mismo es mi punto débil respecto a las mejores, donde pierdo más, y Hawaii o estás al 100% o no compensa ir, es mucho dinero. Para ir allí a hacer la 30 o la 25 como experiencia es muy buena y me ayuda mucho pero quiero volver para estar más competitiva y verme en los puestos de delante", recoñece con ambición a pontevedresa.
Por iso en 2017 "mi objetivo es el Ironman de Lanzarote, quiero hacer un buen papel allí". Antes desa carreira, prevista para o 20 de maio, debutará nunha proba de media distancia en Tenerife, o 12 de marzo, "después iré a Zarautz, en julio haré un 70.3 y quizás un Ironman en agosto".
Todo sen perder de vista o seu regreso a Hawaii e tamén, de esguello, o Campionato do Mundo de Tríatlon de Longa Distancia que acollerá Pontevedra en 2019, unha cita na que "me gustaría participar".
Relacionadas:
-
Saleta Castro ficha por un equipo belga
Por Redacción |
-
O tríatlon pontevedrés traslada o seu cuartel xeral a Lanzarote
Por Diego Espiño |
-
"Feliz" primeira experiencia de Saleta Castro no Ironman de Hawaii
Por Diego Espiño |
-
O soño de Saleta Castro faise realidade en Hawaii
Por Diego Espiño |
-
Ironman faino oficial, Saleta Castro clasificada para o Mundial de Hawaii
Por Redacción |
-
Saleta Castro acaba en cuarta posición o Ironman 70.3 de Dublín
Por Diego Espiño |