O Waterpolo Pontevedra divírtese por Nadal
Por Redacción & Mónica Patxot
Para despedir o ano, un pouco de diversión. Así viviu o Club Waterpolo Pontevedra a xornada deportiva organizada este luns no Centro Galego de Tecnificación Deportiva.
Dous partidos encheron de actividade a piscina do CGTD, pero dous choques pouco habituais.
O primeiro deles disputárono preto de 30 ex-xogadores do club, que gozaron do seu deporte e lembraron anécdotas dos primeiros anos da entidade. Entre os participantes estaban por exemplo Fernando Malecho e Sesé Vázquez, que levaron o rumbo do waterpolo pontevedrés durante os primeiros anos.
Tras ese partido os xogadores da base medíronse ás súas nais e pais nun partido no que non faltou o bo humor.
Relacionadas:
-
O waterpolo feminino reclama o seu espazo
Por Redacción |
-
O Waterpolo Pontevedra, ao asexo do liderado na Primeira División Galega
Por Redacción |
-
A "diversión" do waterpolo alevín chega ao CGTD co Campionato Galego de Inverno
Por Redacción |
-
O Waterpolo Pontevedra dá a talla ante o campión portugués
Por Redacción |