O Marín déixase remontar polo Mondariz (1-2) na segunda metade
Por Redacción
Segunda derrota consecutiva do Marín e segunda xornada consecutiva que os de Toño Lodeiro desaproveitan a ocasión de achegarse á primeira praza de permanencia que ocupa o Verín, a catro puntos de distancia.
A situación é máis dolorosa se cabe porque os marinenses se deixaron remontar ante o Mondariz (1-2) despois de chegar ao tempo de descanso con vantaxe no marcador.
Os goles de Iago e de Alfaya, de penalti, abondaron ao equipo visitante para levarse os tres puntos do estadio de San Pedro. Previamente Agus, xusto antes do descanso, adiantara aos locais dende os once metros.
MARÍN CF (1): Pablo, Hayk (Romero, min.60), Fumero, Tinaia, Darío Pena, André, Agus, Villaverde (Borja Rial, min.61), Joaquín, Dani Domínguez (Manuel, min.80), Eric (Edu, min.70).
MONDARIZ CF (2): Javi, Jesús, Anxo, Docampo, Alfaya, Marcos (Álex, min.90), Jonás, Iago, Nico (Sobral, min.80), Noel, Uru (Iván, min.45).
Árbitro: Niño Pico (Ferrol). Amonestou a André e Eric no Marín e a Javi no Mondariz.
Goles: 1-0 Agus de penalti, min.45; 1-1 Iago, min.65; 1-2 Alfaya de penalti, min.74.
Incidencias: Partido disputado no estadio de San Pedro, Marín.