Os clubs atléticos da comarca dan a benvida ao Nadal cunha xornada de cros
Por Redacción & Mónica Patxot
Do mesmo xeito que o pasado 13 de decembro, cando a competición de centros educativos reuniu a máis de 1.000 escolares, a Illa das Esculturas empapouse este venres de atletismo de base cos campionatos zonais de cros.
Nesta ocasión era quenda para a competición destinada aos clubs atléticos da comarca.
Deportistas de oito clubs da zona participaron no evento nunha animada mañá deportiva, que contou tamén cunha importante participación.
Participaron na xornada: Club Pinarium de Marín, Sociedad Gimnástica de Pontevedra, Club Ciclista Corbelo de Portonovo, Club Deportivo San Paio da Estrada, Atletismo A Estrada, Agrupación Atlética Mazí de Vilagarcía, Atletismo San Miguel de Marín e Atletismo +9 Moraña.
Relacionadas:
-
Baño de ouro para os atletas do Mazi no autonómico máster de Ourense
Por Redacción |
-
Boas sensacións nas últimas competicións do ano para a Gimnástica
Por Redacción |
-
Mañá de deporte escolar e diversión na Illa das Esculturas
Por Diego Espiño |
-
Máis de 1.000 escolares converterán a Illa das Esculturas nunha festa do atletismo
Por Diego Espiño |