O Waterpolo Pontevedra dá a talla ante o campión portugués
Por Redacción
Positivo test para o equipo senior masculino do Club Waterpolo Pontevedra na visita ao Centro Galego de Tecnificación Deportiva do campión da liga portuguesa, o Clube Fluvial Portuense.
O equipo pontevedrés perdeu os dous encuentros amigables disputados, pero competiu de ti a ti a un rival moi superior na actualidade, aínda que non viaxou cos seus mellores xogadores.
Os de Porto acudiron a Pontevedra cun equipo 'B', que contaba con varios xogadores do primeiro plantel que o pasado mes de outubro participaron na liga de Campións de Waterpolo.
No primeiro dos encontros o Portuense venceu por 12-19, mentres no segundo o Pontevedra acusou un pouco o cansazo e cedeu por 5-12.
A pesar diso o dobre amigable supuxo un bo test para os de Javi de Sáa ante os importantes partidos que disputarán en xaneiro na Liga Galega Absoluta de Primeira División.
Relacionadas:
-
O Waterpolo Pontevedra, ao asexo do liderado na Primeira División Galega
Por Redacción |
-
A "diversión" do waterpolo alevín chega ao CGTD co Campionato Galego de Inverno
Por Redacción |
-
O Waterpolo Pontevedra divírtese por Nadal
Por Redacción & Mónica Patxot |
-
O campión de Portugal visita ao Waterpolo Pontevedra
Por Redacción |