Vero Boquete encabeza a convocatoria da Selección Galega para o seu amigable en Vilagarcía
Por Redacción
Fíxose de rogar, pero finalmente este martes os seleccionadores galegos deron a coñecer a lista oficial de 18 futbolistas que defenderán á Selección Galega Absoluta no seu amigable do próximo xoves 22 de decembro en Vilagarcía (19:00 horas, A Lomba) ante Cataluña.
As lesións de xogadoras importantes e a falta de permiso das integrantes do Sporting de Braga portugués atrasaron a convocatoria oficial.
A compostelá Vero Boquete, unha das mellores futbolistas do panorama internacional e que actualmente milita no Paris Saint Germain francés, será a principal referencia do equipo adestrado por Quin Valbuena, Edu González e Susú Cores.
Ademais na lista figuran a arousá Mari Paz Vilas ou a pontevedresa Teresa Abelleira, entre outras.
A convocatoria para o regreso da Selección Galega Absoluta Feminina compóñena: Vero Boquete (PSG), Mari Paz Vilas (Valencia), Belén Fernández (Valencia), Carolina González (Oiartzun), Patricia Carballo (Atlético de Madrid), Miriam Ríos (Deportivo), Teresa Abelleira (Deportivo), Eva Luz (Deportivo), Ana González (Deportivo), Sheila Fernández (Friol), Laura Souto (Friol), Desireé Gardón (El Olivo), Natalia De Francisco (El Olivo), Sandra González (Sárdoma), Carla Otero (Matamá), Lara Martínez (Matamá), Nerea Carballo (Vitoria) e María Arufe (Atlético Arousá).
Antes do choque ante Cataluña, o equipo galego adestrará este mércores ás 19:30 horas no campo municipal da Senra, Ribadumia.