O boxeo faise grande en Marín
Por Redacción & Diego Torrado
O boxeo é deporte para todas as idades. Así o demostraron os máis de 60 nenos que participaron esta fin de semana no II Trofeo de Nadal de formas organizado polo Team Thunder de Marín.
O pavillón do Colexio San Narciso foi escenario da competición, na que os xóvenes deportistas mostraron o seu talento en exercicios de sombra, corda, saco e manoplas.
Son probas na que os púxiles poden demostrar a súa axilidade, coordinación e técnica no boxeo.
A canteira do Team Thunder exhibiuse na competición, presentando a 36 deportistas que aseguran o futuro a longo prazo do club.
Os gañadores nas diferentes categorías foron: Abraham Lobato (8-9 anos, Amorim Saudade), Kyra Estévez (8-9 anos, EB Canario), Eloy Barcia (10-11 anos, Team Thunder), Laura Santiago (10-11 anos, Team Thunder), Mario Aquino (12-13 anos, Amorim Saudade), María Rodríguez (12-13 anos, Olimpo's), Alexander Sotelo (14-16 anos, Team Thunder) e Clara Galiñanes (14-16 anos, Team Thunder).
Relacionadas:
-
Conta atrás do Team Thunder cara ao Campionato de España de boxeo olímpico
Por Redacción |
-
A Cañota vibra coa emoción do boxeo
Por Redacción & Diego Torrado |
-
A Cañota acollerá en febreiro unha nova velada de boxeo
Por Redacción |
-
Atletismo popular e boxeo para unha completa fin de semana deportiva en Marín
Por Redacción |