Lourdes Domínguez gaña xunto a Arantxa Parra o dobres do Torneo de Acapulco
Por Diego Espiño
Á cuarta foi a vencida para Lourdes Domínguez e Arantxa Parra no Abierto Mexicano de Tenis que se disputa en Acapulco.
Despois das finais de 2009, 2011 e 2012 a parella española conseguiu levarse o torneo de dobres ao vencer na final ás colombianas Catalina Castaño e Mariana Duque por 6-4 e 7-6 en hora e media de partido.
Lourdes Domínguez desquítase así da dura derrota nos cuartos de final do cadro individual ante a francesa Alize Cornet en máis de tres horas de xogo (6-3, 6-7 e 6-7). A tenista pontevedresa conseguira gañar en primeira rolda do torneo mexicano á principal favorita, Flavia Pennetta, e en segunda á española Tita Torró.
A parella Domínguez-Parra suma con esta vitoria 280 puntos na clasificacion de dobres da WTA, ademais de levarse unha bolsa de 11.500 dólares.