O Teucro dobrega o Pozoblanco (31-24) e mantense na pelexa polo play-off
Por Diego Espiño
O Teucro segue facéndose forte no Municipal para non perder o tren dos postos que dan acceso ao play-off de ascenso á Liga Asobal.
Os azuis venceron sen problemas un Pozoblanco (31-24) que apenas presentou batalla e demostrou por que non gañou lonxe da súa cancha na presente tempada.
Javier Barrios permitiuse mesmo o luxo de reservar un dos seus home máis en forma, José Manuel Rial, con molestias dende o encontro de Xixón, e a outro dos toucados, Siscu, despois de que o seu equipo se puxese rapidamente cunha renda de catro goles (6-2) que mantería durante boa parte do encontro.
Só dúas protestadas exclusións a Tomás Moreira e Miguel Porto permitiron aos visitantes inquietar o Teucro mediada a segunda metade (20-19), pero os azuis non se descompuxeron e apoiados nos seus dous extremos, Toño Fernández e Alejandro Pombo, volveron subir a renda ata os seis tantos de vantaxe cun parcial de 5-0 (25-19) saldando o choque.
Dende ese momento os unicos protagonistas foron unha parella arbitral que sinalou ata 12 exclusións, sete delas aos locais, ante o estupor da bancada do Municipal.
Con este triunfo o Teucro alcanza na clasificación ao Torrelavega, con 16 puntos, e queda a só un de Bidasoa e Alcobendas, en zona de play-off. A próxima semana os de Javier Barrios visitarán a pista do Barakaldo.
SD TEUCRO (31): Juan Bar, Toño Fernández (9, 1p), Alejandro Pombo (6), Miguel Porto (4), Tomás Moreira (4), Didac Villar (4, 2p), Borja Pedreira (2) -siete inicial- David Chapela (2), Carlos García, Miguel Sío, Gonzalo García-Alén.
BM POZOBLANCO (24): Federico Sincich, Marc Ábalos (3), Julián Portero (7, 4p), Álvaro Rajic, Requena (7), Yoel Moreno (2), Ángel Povedano (2) -siete inicial- Adrián Santamaría, Israel (2), Landaburu (1).
Árbitros: Adrián Brun e Melus Rodríguez.
Marcador cada cinco minutos: 3-1, 6-2, 8-4, 10-6, 13-8, 14-10, descanso, 17-13, 19-15, 20-19, 25-19, 29-22, 31-24.
Incidencias: Partido disputado no Pavillón Municipal dos Deportes de Pontevedra ante uns 500 espectadores. Gardouse un minuto de silencio polo falecemiento do ex-xogador do Teucro, Pablo Herbello.